impedanciometría
impedanciometría
(
s
f
[MED]
Técnica empregada para medir a impedancia acústica no oído medio. A práctica baséase na transmisión dun son polo conduto auditivo externo e a valoración, mediante un instrumento especial, da porcentaxe que se absorbe e a que se reflite. É eficaz para valorar a función das trompas de eustaquio ou ben para determinar obxectivamente a capacidade auditiva.