imperativo -va

imperativo -va

(< lat imperatīvu)

    1. adx e s m [LING]

      Modo verbal, con función lingüística puramente apelativa ou actuativa, que expresa unha orde dada a un ou máis interlocutores, nas oracións afirmativas, ou ben unha prohibición, nas oracións negativas. Dado que unha orde vai dirixida directamente a un interlocutor, o imperativo só se usa na segunda persoa, singular ou plural (Colle os libros do chan. Facédeo xa).

    2. adx

      Que contén ou denota algún mandamento ou orde.

      Ex: Falaba en ton imperativo.

    3. adx

      Que non pode ser evadido ou evitado.

      Ex: Existe un deber imperativo que lle obriga a ditar resolución.

    1. s m

      Mandato ou obriga impostos.

    2. s m [FILOS]

      Forma na que se expresan os mandamentos éticos. Pode ser singular ou universal e, segundo I. Kant, hipotético ou categórico.

    3. imperativo categórico [FILOS]

      Imperativo que, a diferenza do hipotético, non está condicionado polo fin e establece que a máxima dunha acción pode converterse nunha lei universal da natureza. O imperativo categórico é fundamental na ética kantiana e sintetízase na fórmula: obra de tal modo que fagas uso da humanidade sempre e unicamente como un fin e nunca como un medio.

Palabras veciñas

impensado -da | imperante | imperar | imperativo -va | imperator* | imperatoria | imperatorio -ria