Imperio, estilo

Imperio, estilo

Fase do neoclasicismo correspondente ao Primeiro Imperio francés. Promovido por Napoleón I Bonaparte, foi dirixido por C. Percier e P. F. Fontaine. Inspirado nas artes grecorromanas e exipcias, impuxo os ángulos rectos e unha certa rixidez na decoración. No mobiliario, onde destacou G. Jacob, as superficies son lisas con aplicacións de bronce dourado. Desenvolveuse ata 1830.

Palabras veciñas

imperialista | impericia | imperio | Imperio, estilo | imperiosidade | imperioso -sa | imperito -ta