importante

importante

(< importar)

  1. adx
    1. Que importa por ter un interese considerable para alguén.

      Ex: Fixo unha pregunta importante. Para min é moi importante a honestidade.

    2. Que ten máis ou menos influencia en algo.

      Ex: É importante a presenza do presidente. Á hora de remexer, é moi importante facelo sempre para o mesmo lado.

  2. adx
    1. Que ten especial interese con relación a outros.

      Ex: A revolta comeza a ter unha magnitude importante. Conserva un patrimonio artístico moi importante.

    2. Que a súa situación dálle unha posición relevante.

      Ex: Considéraselle un dos avogados máis importantes da cidade.

Palabras veciñas

importación | importador -ra | importancia | importante | importar | importe | importunar