imposto -ta

imposto -ta

(< lat imposĭtu)

  1. p reg

    de impoñer ou impoñerse e de impor ou imporse.

  2. s m [DER]

    Tributo esixido, sen contraprestación específica, sobre negocios, actos ou feitos de natureza económica ou xurídica que manifestan unha capacidade económica do suxeito fiscal. Baséase no deber de contribuír aos gastos públicos, tanto no ámbito da administración estatal como da periférica, en función da capacidade económica de cada quen. Distínguese entre impostos directos, que gravan a renda e o patrimonio, e os impostos indirectos, que gravan a circulación, o tráfico ou o consumo de bens e servicios. Os impostos sobre a renda gravan as rendas obtidas (xa proveñan dos rendementos do traballo ou do capital) por individuos e sociedades nun período (xeralmente o exercicio correspóndese co ano natural). Os impostos sobre o capital e sobre o patrimonio gravan as plusvalías e as transmisións patrimoniais. Os impostos significan para os contribuíntes unha detracción en primeira instancia do seu poder adquisitivo, que inflúe, polo tanto, na formación do consumo, do aforro e do investimento privado. Pero, por outra banda, deben ter un efecto redistributivo da riqueza. A relación entre o valor dos impostos recadados e a produción nacional (PNB) constitúe a presión fiscal, indicador da capacidade de gasto público e do grao de intervención do Estado na economía.

    Sinónimos: imposición.

Palabras veciñas

imposta | impostación | impostar | imposto -ta | impostor -ra | impostura | impotencia