impresión
(
-
Calidade de impresionable.
-
-
s
f
Acción e efecto de imprimir.
Ex: A impresión dun libro é tan custosa como a dun disco.
-
s
f
Técnica decorativa, empregada na cerámica e na ourivería, que consiste en usar un selo ou calquera outro obxecto en forma de tampón sobre a súa superficie.
-
impresión dixital
Sinal que deixa a punta do dedo marcada nun obxecto. Debido a que cada persoa presenta as papilas da derme diferentes, as impresións dixitais empréganse con finalidades de identificación.
-
impresión muscular
[ZOOL]
Pegada que deixan os músculos nas cunchas, en xeral dos bivalvos, no seu lugar de inserción.
-
s
f
-
s
f
Efecto causado sobre o ánimo, especialmente vivo e fondo.
Ex: Causáronlle unha grande impresión os desastres da guerra.
-
s
f
-
Opinión ou xuízo formado intuitivamente.
Ex: A impresión que tiña sobre o tema era errónea.
-
Opinión global que se ten sobre algo ou alguén.
Ex: Pedinlle que me dera a súa impresión sobre a obra.
-
-
s
f
[FISIOL]
Depresión na superficie dun óso.
-
s
f
[FISIOL]
Excitación producida por distintas formas de estímulos (luminoso, táctil ou auditivo) sobre unha terminación nerviosa sensitiva.
-
s
f
Acción e efecto de impresionar.
Frases feitas
-
Causar impresión. Atraer vivamente algo ou a alguén. Ex: A súa vestimenta causou impresión na festa.
-
Dar a impresión. Producir algo unha sensación determinada.
-
Ter a impresión. Ter unha sensación sobre algo ou imaxinarse algo.