inadaptación

inadaptación

(<  1 in- + adaptación)

s f [PSIC]

Situación en que o individuo non se adapta ao propio ambiente (físico, social ou profesional), ben por falta de harmonía entre os diferentes elementos da súa personalidade ou por incapacidade para modificar a realidade segundo as propias necesidades. Adoita ir acompañada de trastornos afectivos e de conflitos ambientais, que poden producir problemas de conduta.