incubación

incubación

(

  1. [ZOOL]
    1. s f

      Acción de proporcionar calor aos ovos para que, no caso de seren fecundados, poidan desenvolverse. É propia dos réptiles, aves e algúns mamíferos. Pode levarse a cabo mediante a calor transmitida directamente polo corpo (a maioría das aves, algunhas serpes, os monotremas) ou por medios extracorporais, como enterrando os ovos na area quente (serpes, saurios, tartarugas e algunhas aves) ou baixo materiais vexetais en descomposición (crocodilos).

    2. s f

      Período durante o cal se incuban os ovos.

    3. incubación artificial

      Método consistente en comunicar aos ovos a calor precisa para o seu desenvolvemento sen intervención animal, xeralmente por medios mecánicos.

  2. s f [PAT]

    Tempo transcorrido entre o contaxio dunha enfermidade e a aparición dos primeiros síntomas.

  3. s f [MED]

    Mantemento dos nenos prematuros nun ambiente artificial (incubadora), ata que son viables.

Palabras veciñas

incuadar | incuado | incualificable | incubación | incubador -ra | incubadora | incubar