íncubo
íncubo
(< lat incŭbu)
s
m
[MIT]
Xenio do folclore romano. Aparecía durante a noite, sentaba no peito dos durmintes e provocáballes pesadelos; ás veces uníase mesmo ás mulleres durmidas. Adoitaba levar un gorro cónico e críase que quen atopaba un destes chapeos adquiría o don de descubrir tesouros ocultos.