incunable
(
-
adx
[BIBLIOT]
Que data dos primeiros tempos da imprenta, ata 1500 inclusive.
-
s
m
[BIBLIOT/FILOL]
Documento tipográfico anterior a 1501. Pode ser xilográfico (impreso con láminas de madeira), ou tipográfico (con tipos móbiles metálicos). Os libros incunables caracterízanse pola carencia de portada e de foliación ou signaturas tipográficas, polo espazo en branco para as letras capitais e, especialmente pola falta de colofón. Os impresores poden identificarse polo tipo de imprenta. Os principais repertorios son o Gesamtkatalog der Wiegendrucke, iniciado en Leipzig en 1925; e, para os países hispánicos, a Bibliografía Hispánica de K. Haebler. O primeiro incunable foi a Biblia latina de 42 liñas impresa por Gutenberg en Maguncia (1455), pero posteriormente os produtos tipográficos fóronse estendendo cara aos textos profanos e a impresión de escritos en linguas vulgares. Segundo os diversos países, a época dos incunables tivo unha duración distinta e os primeiros lugares onde chegou á súa fin foron París, Venecia e algunas outras cidades italianas e alemanas.