indexación

indexación

(< indexar)

  1. s f

    Creación dun índice.

  2. s f [BIBLIOT]

    Representación do contido dun documento con palabras extraídas, ben do texto orixinal, ben dunha linguaxe especial elaborada con esta finalidade, para facilitar a recuperación nunha busca por índice.

  3. s f [INFORM]

    Técnica para obter o enderezo dunha información a partir da chave por medio dunha táboa. Normalmente, a táboa é a parte do ficheiro que contén a información; neste caso a táboa denomínase index e dise que o arquivo está indexado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

indeterminativo -va | indeterminismo | indeterminista | indexación | indexar | India | India Francesa