Índice de Desenvolvemento Humano
Índice de Desenvolvemento Humano
Nome científico:
[IDH]
Indicador agregado de tres elementos ou indicadores básicos (educación ou escolarización, representado polo nivel de alfabetización adulta e o número medio de anos de escolaridade; saúde e lonxevidade, representada pola media de esperanza de vida ao nacemento; e nivel de vida, representado polo ingreso nacional per capita ou pola paridade do poder adquisitivo do PNB) considerados como críticos para determinar o nivel de desenvolvemento humano. Exprésase nunha escala que vai do 0 ao 1, de xeito que o 1 daría o máximo grao de desenvolvemento humano. Calcúlao o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento desde 1990.