indiferente
indiferente
(< lat indiffĕrente)
-
adx
Que non sente máis preferencia cara a unha cousa que cara a outra.
Ex: É indiferente que veña hoxe ou mañá.
-
adx e s
Que ou quen non presta unha atención especial a nada nin a ninguén.
Ex: Asistiu á reunión indiferente. Desde hai uns días está indiferente a calquera cuestión. Dirixiu o seu discurso ós indiferentes e ós indecisos.
Sinónimos: indolente. -
adx
Que non provoca nin afecto nin aversión.
Ex: Ese home éme indiferente.
-
adx
Que non ten interese ou importancia.
Ex: É unha cuestión indiferente para os nosos obxectivos.