indoeuropeo -a
(< indo + europeo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos indoeuropeos ou ao indoeuropeo.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo indoeuropeo.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe indeterminada, malia que algúns autores o consideran orixinario das estepas asiáticas. Efectuou diversas migracións cara ao Danubio, o val do Rin, o altiplano de Irán e o N da península indostánica (s XIII a C). Posteriormente, produciuse un segundo movemento de poboación, arredor do s XI a C, cara ao N de Alemaña, Illas Británicas, Francia, Península Ibérica e Italia. En todas estas zonas falábanse linguas denominadas indoeuropeas, que presentaban importantes afinidades.
-
s
m
[LING]
Lingua que se falaba nunha rexión ben determinada da chaira europea (costas do Mar Báltico, val do Danubio, Ucraína) a finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce (3000-2000? a C). Gracias á lingüística comparada (F. Bopp) e aos neogramáticos (K. Brugmann, B. Delbrück, H. Osthoff e G. Ascoli) puido coñecerse, en gran parte, a estrutura fónica e gramatical, así como o vocabulario. O indoeuropeo só puido ser reconstruído coa axuda do método comparativo. Establecéronse, a partir dun vocabulario fundamental, series de correspondencias que definen o parentesco entre as diversas linguas e que permiten o coñecemento dos principais trazos da estrutura e do vocabulario da lingua orixinaria. Desta maneira puido demostrarse que a maioría das linguas coñecidas en Europa (agás o éuscaro, o húngaro e o finlandés), do SL de Asia e de India están emparentadas e derivan dunha mesma lingua. Resta establecer un phylum indoeuropeo que comprende diversas familias lingüísticas: xermánica, celta, báltica, eslava, románica, indoirania, anatolia (co hitita cuneiforme, o luvio, o palaico, o hitita xeroglífico, o licio, o lidio, o frixio e o armenio), que algúns autores inclúen na familia xermánica, o grego (documentado xa a partir do ano 1400 a C nas táboas micénicas) e o albanés. Suponse, polo tanto, a existencia dunha unidade étnica e cultural, dotada dunha unidade lingüística que non é perfectamente homoxénea, senón que consta dunha división dialectal (linguas centum e linguas satem) máis recente.