Inés

Inés
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede do nome grego (H)agné ‘pura, casta’, que pasou ao latín da época precristiá como Hagne e ao xa cristián do s IV como Agnés, coa acentuación á grega. Destaca con este nome santa Inés (290?- 302?), celebrada o 21 de xaneiro, e a dama galega Inés de Castro (1320?-1355), esposa do Rei Pedro I de Portugal, presente na obra de Luis de Camões ou António de Ferreira.