infección
(< lat infecctĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de infectar.
-
[PAT]
-
s
f
Introdución no organismo de elementos patóxenos capaces de se desenvolveren e de produciren substancias tóxicas. Os xermes entran polas vías naturais ou por unha ferida e o organismo reacciona cunha serie de fenómenos de ataque e de defensa, como a acción fagocitaria e a produción de anticorpos. Nunha infección cómpre distinguir o período de incubación ou latencia (desde o momento de entrada do elemento patóxeno ata os primeiros síntomas evidentes da infección) e o período de estado (desde a aparición de todos os síntomas ata que estes comezan a declinar). Despois aparece, nos casos favorables, un período de convalecencia onde os síntomas remiten ostensiblemente e o organismo restablece pouco a pouco as funcións alteradas.
-
infección oportunista
Denominación xenérica dos procesos infecciosos que se desenvolven en persoas inmunodeprimidas. Pódense deber a xermes oportunistas, é dicir, microorganismos pouco virulentos que en persoas inmunocompetentes non poderían producir unha infección, ou ben ser causadas por xermes virulentos que nas persoas inmunodeprimidas orixinan doenzas infecciosas máis graves, persistentes e frecuentes do que é habitual en individuos cunha actividade inmunolóxica axeitada.
-
s
f
-
s
f
[PAT]
Doenza producida por unha infección.