infiltración
infiltración
(
-
s
f
Acción de infiltrar ou infiltrarse.
-
s
f
[XEOL]
Penetración da auga de chuvia nun terreo permeable ata atopar unha capa impermeable ou un manto freático.
-
s
f
[QUÍM]
Técnica metalúrxica para obter unha aliaxe de dous metais, un deles cun alto punto de fusión e en forma de esponxa e o outro cun baixo punto de fusión, que consiste en quentar o conxunto final a temperatura do segundo metal para que este se introduza por capilaridade no primeiro.
-
s
f
[PAT]
Acumulación nun tecido, en particular no tecido conxuntivo, dalgunha substancia ou estrutura celular que lle sexa estraña. Un caso particularmente interesante é o da infiltración inflamatoria.