inflamación

inflamación

(< latinflamatĭōne)

  1. s f

    Acción de inflamar ou inflamarse.

  2. s f [PAT]

    Reacción inespecífica que ten lugar no tecido conxuntivo e coa que o organismo se defende da acción dun axente agresor. Os axentes agresores poden ser físicos, químicos ou microorganismos. Distínguense dous tipos de inflamación: a aguda e a crónica. Os síntomas clínicos locais da inflamación aguda son a calor, a roibén, o inchazo e a dor. A consecuencia da lesión, aparecen no foco inflamatorio mediadores químicos responsables dunha vasodilatación dos capilares e das arteriolas e dun aumento da súa permeabilidade. Iso trae como consecuencia unha exsudación do plasma sanguíneo e favorece a aparición, no tecido inflamado, dun infiltrado de células provenientes do sangue (leucocitos, eritrocitos, macrófagos). A inflamación aguda caracterízase polo tipo de exsudación, que pode ser fibrinosa (moi abondosa en proteínas plasmáticas e fibrina), serosa (con predominio de líquido) ou purulenta (na que abondan os leucocitos mortos e o tecido necrosado). A inflamación crónica preséntase cando non se puido desenvolver a inflamación aguda, feito que depende da natureza do axente irritante e da capacidade de resposta do organismo.