información
(
-
-
s
f
Acción e efecto de informar ou informarse.
Ex: O decreto limita a liberdade de información. Non teño a suficiente información para opinar.
-
s
f
Noticia ou noticias que se queren coñecer.
Ex: Na prensa de hoxe aparecen en titulares varias informacións interesantes.
-
s
f
[COMUN]
Contido dun ou máis datos, nos que se fai abstracción da representación concreta que adopta.
-
información xenética
[BIOL]
Conxunto de caracteres hereditarios que se transmiten polos xenes.
-
teoría da información
[TECNOL]
Teoría matemática que trata a transmisión, o almacenamento e a transformación da información. Comprende todos os aspectos da comunicación humana e entre máquinas. Baseándose nos traballos de N. Nyquist e R. W. L. Hartley feitos entre 1924 e 1928, C. E. Shannon expuxo en 1948 unha teoría, chamada da comunicación, sobre a transmisión da información, que deu lugar a este apartado relacionado coa cibernética. Cómpre salientar igualmente as achegas de Gabor, Weaver, Wiener e Tuller.
-
s
f
-
s
f
Oficina ou departamento destinados a informar algo.