Informe
Informe
Documento redactado en 1658 por José de Vega y Verdugo, cóengo e fabriqueiro da catedral de Santiago de Compostela. Fai relación ás obras que se podían facer na catedral compostelá para renovar a súa fábrica. Os textos van acompañados de debuxos explicativos. Algúns dos seus criterios aplicáronse na renovación barroca da catedral.