infravermello -lla
infravermello -lla
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos raios infravermellos.
-
s
m
[FÍS]
Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas.
-
s
m
[IND/ARTE]
Banda de lonxitudes de onda que van máis alá do extremo vermello do espectro. Resultan invisibles para o ollo e só poden ser rexistradas cunha película fotográfica especial.
-
raios infravermellos
[FÍS]
Radiación electromagnética pertencente ao espectro infravermello, descuberta por W. Herschel en 1800. Os raios infravermellos, caracterizados como portadores de calor radiante, son emitidos por calquera obxecto a temperatura superior ao cero absoluto. Os raios infravermellos empréganse polos seus efectos caloríficos, e tamén en fotografía e en sistemas de guía e detección.