INGABAD

INGABAD
Nome científico: [Instituto Galego de Bacharelato a Distancia]

Centro que entrou en vigor a partir do Real Decreto 1763/1982, do 24 de xullo, de traspaso de funcións e servicios á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, que sinala que se poderán establecer, mediante convenio, as fórmulas de colaboración necesarias para o funcionamento do Instituto Nacional de Bachillerato a Distancia (INBAD). No curso 1982-1983, en que se creou o INGABAG, o INBAD contaba en Galicia só co centro de Lugo, que tiña outros centros colaboradores (Burela, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Ourense). Ao se crear o INGABAD, fóronse abrindo progresivamente centros propios noutros puntos de Galicia. Segundo o Informe do Consello Escolar de Galicia, no curso 1992-1993, no INGABAD, coa súa sede central en Lugo e catro extensións situadas na Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo ademais doutros sete centros colaboradores noutras tantas localidades galegas, seguían estudios 5.648 alumnos.