ingravidez

ingravidez

(< ingrávido)

  1. s f

    Calidade de ingrávido.

  2. s f [FÍS]

    Ausencia de peso dun corpo material como resultado do seu movemento libre e só baixo a influencia combinada de gravidade e inercia. Os tripulantes dunha astronave entran no estado de ingravidez ao final da fase propulsada e permanecen neste estado durante toda a traxectoria orbital ata o momento en que actúan de novo os propulsores, ou no que a nave queda sometida ao rozamento aerodinámico ao retornar á atmosfera. O estado de ingravidez é tolerado durante varios meses polo home debidamente adestrado, a quen lle produce alteracións fisiolóxicas non moi adversas. O estado de ingravidez en estacións orbitais chámase tamén cero-g, gravidade cero e, con máis rigor, ambiente de microgravidade.