inhibición

inhibición

(< lat inhibitĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

  2. s f [BIOL/PAT]

    Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

  3. s f [PSIC]
    1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable (un órgano, un centro nervioso), debido a unha causa física ou mental.

    2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

  4. inhibición enzimática [BIOQ]

    Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un enzima, de maneira que non lle permite actuar. Na inhibición non competitiva a presenza do substrato non inflúe sobre a reacción do inhibidor coa molécula do enzima, e a acción inhíbese completamente; un exemplo é o bloqueo dos enzimas respiratorios polo ión cianuro. A inhibición competitiva preséntase cando unha molécula orgánica, estruturalmente semellante ao substrato, pode unirse reversiblemente ao centro activo dun enzima. Na inhibición alostérica o inhibidor únese reversiblemente ao enzima nalgún centro diferente do centro activo, pero deforma a estrutura da molécula do enzima e impide a unión do substrato. Este tipo de inhibición é moi importante na regulación de moitas vías metabólicas polo proceso de inhibición retroactiva.

Palabras veciñas

inharmónico -ca | inherencia | inherente | inhibición | inhibidor -ra | inhibir | inhibitoria