inicuo -cua
inicuo -cua
(< lat iniqŭu)
-
adx
Que non ten equidade ou quen non cumpre coa xustiza.
Ex: Tomou decisións inicuas e por iso foi sancionado.
-
adx
Que reflicte maldade.
Ex: Trata de xeito inicuo e vexatorio os seus subordinados.
Sinónimos: ruín, vil.