inimigo -ga
(< lat inimīcu)
-
adx
Que ten mala vontade ou lle desexa algún mal a outro.
Ex: Casou cun membro dunha familia inimiga. Ten inimigos entre os compañeiros de partido. O gato e o rato son inimigos naturais.
-
adx e s
m
Aplícase á persoa ou ao grupo de persoas coas que se mantén unha relación de discordia ou contra as que se loita.
Ex: Os exércitos inimigos ocuparon a cidade. Fixeron prisioneiros a varios centenares de inimigos.
-
adx e s
Aplícase á persoa ou grupo de persoas coas que se compite pola consecución de algo.
Ex: Perdeu ante o equipo inimigo. Non ten inimigo no ring.
Sinónimos: rival. -
adx e s
Aplícase ao que é contrario ou que actúa en contra de algo ou de alguén.
Ex: É inimigo da discriminación racial. Os inimigos da reforma laboral tiveron moitos apoios no parlamento.
-
s
m
[RELIX]
Nome que se lle dá ao demo. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.