inmersión

inmersión

(< lat inmersĭone)

  1. s f

    Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.

    Antónimos: emersión. Confrontacións: mergullo.
    1. s f

      Acción de introducir ou introducirse nunha situación ou actividade determinada.

    2. inmersión lingüística / [LING/EDUC]

      Método de ensino dunha segunda lingua caracterizado basicamente polo feito de situar o alumno nun contorno de aprendizaxe que ten como lingua de relación e de instrución a lingua que está a aprender. A implantación deste método comporta que a lingua e a cultura familiares dos alumnos teñen unha presencia asegurada en ámbitos non escolares.

  2. s f [ASTRON]

    Inicio da ocultación dun astro ao pasar pola sombra doutro ou por detrás del.

  3. s f [MAT]

    Aplicación inxectiva dun conxunto A noutro B, que conserva as estruturas. A aplicación f é morfismo se A e B son espacios topolóxicos. Toda inmersión de A dentro de B permite identificar estruturalmente A coa súa imaxe.