inmundicia

inmundicia

(< lat immunditĭa)

  1. s f

    Calidade de inmundo.

    Ex: A inmundicia na que vivía arrepiaba a calquera.

  2. s f

    Aplícase ao que mancha, ensucia ou contamina. OBS: Úsase normalmente en plural.

    Ex: As inmundicias que se tiran ós ríos rematan indo ao mar.

    Sinónimos: sucidade. Confrontacións: lixo.
  3. s f

    Aplícase ao que non é moral nin decente.

    Ex: Móvese na inmundicia dos negocios ilegais.

Palabras veciñas

inmortalismo | inmortalizar | inmotivado -da | inmundicia | inmundo -da | inmune | inmunidade