inquedo -da
inquedo -da
(< lat inquiētu)
-
adx
-
Que se move moito e non acouga.
Ex: Este neno é moi inquedo.
-
Aplícase ás cousas que presentan máis movemento ou excitación do normal.
Ex: Os mariñeiros corrían perigo nun mar tan inquedo. Ten un sono moi inquedo.
-
-
adx
Que se atopa nun estado de excitación ou ansiedade.
Ex: Mostrábase inquedo agardando a súa resposta. Un ruído forte provocou que os animais estivesen inquedos.
-
adx
Que é propio das persoas bulideiras ou axitadas.
Ex: Falaba de xeito inquedo e preocupado.
-
adx
Que difunde axitación e desorde.
Ex: Un sector inquedo dos delegados provocou os incidentes.
-
adx
Aplícase ás persoas que emprenden novas iniciativas ou actividades constantemente.
Ex: É un empresario inquedo que creou varios negocios.