inquietude

inquietude

(

  1. s f

    Estado de quen está inquedo.

    Ex: A súa inquietude fíxose máis evidente cando entrou no cuarto.

    Sinónimos: axitación, impaciencia, preocupación. Antónimos: quietude.
  2. s f

    Cousa que preocupa ou inquieta.

    Ex: A nosa maior inquietude é o futuro dos nosos fillos. Ten unha inquietude no seu interior que non sabe explicar.

    Sinónimos: preocupación. Confrontacións: ansia.
  3. s f

    Preocupación ou desexo por posuír coñecementos ou realizar actividades. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    Ex: O meu neto é un rapaz con moitas inquietudes culturais.

Palabras veciñas

inquietante | inquietar | inquieto -ta | inquietude | Inquietudes | inquilinato | inquilinismo