inscrición
inscrición
(
-
s
f
Acción de inscribir ou inscribirse.
Ex: Despois da súa inscrición nas listas á candidatura variou o discurso.
-
s
f
[ARQUEOL]
Texto breve escrito ou gravado sobre calquera tipo de superficie en lembranza dunha persoa ou feito importante.
-
s
f
[ARQUIV]
Fórmula na que se expresaba o nome do destinatario nun documento.
-
s
f
[DER]
Asento principal practicado nun rexistro.
-
inscrición marítima
[DER]
Rexistro xestionado polas autoridades marítimas españolas no que deben inscribirse todas as persoas que se dediquen á navegación ou ás industrias relacionadas co mar, que resulta preceptivo para que se lles permita navegar. Creado en 1873, substituíu á matrícula de mar.