insensatez

insensatez

(

  1. s f

    Calidade de insensato.

    Ex: A súa insensatez era coñecida por todos.

    Antónimos: sensatez.
  2. s f

    Dito ou feito que carece de sentido.

    Ex: Como digas algunha insensatez máis vas fóra!

    Antónimos: sensatez. Confrontacións: loucura, tolemia, tolería.

Refráns

  • A cabeza branca e o siso por viro
  • Cabeza louca non gusta de touca.
  • Coucear contra o aguillón non o fai máis ca un papón.
  • Leña verde e xente moza todo é fume.
  • O que está a cuberto cando chove, ben parvo é, se se move; e, se se move e se molla, máis parvo é, se se anoxa.
  • O que non ten cabeza non precisa monteira.