insignia

insignia

(

  1. s f

    Sinal distintivo dun cargo ou rango.

    Ex: O bastón de mando é unha das insignias da autoridade municipal.

  2. s f

    Divisa que indica a dignidade ou o rango dunha persoa.

    Ex: As insignias do uniforme delataban a súa graduación.

  3. s f

    Obxecto que representa a unha institución, asociación ou corpo.

    Ex: Levaba a insignia do seu club na solapa.

  4. s f [MAR]

    Bandeira que indica o grao do mando dun buque ou de quen viaxa nel.