insinuación

insinuación

(< lat insinuatiōne)

  1. s f

    Acción de insinuar ou insinuarse.

  2. s f

    Xestos ou palabras coas que se pretende dar a entender algo.

    Ex: As súas insinuacións funcionaron e ó pouco tempo xa eran parella.

  3. s f [DER]

    Presentación dun instrumento público ante o xuíz competente para que interpoña a súa autoridade.

Palabras veciñas

insignificante | insinceridade | insincero -ra | insinuación | insinuador -ra | insinuante | insinuar