inspector -ra

inspector -ra

(< lat inspectōre)

  1. adx e s

    Que ou quen ten como función inspeccionar.

    Ex: O organismo inspector da ONU xa ten preparado o seu informe. Os inspectores tiveron que abandonar o país ante a inminencia do ataque.

  2. s
    1. Funcionario público que ten por misión inspeccionar ou vixiar unha actividade ou sector que lle son asignados.

      Ex: O inspector de facenda revisou os libros de contas.

    2. Axente de policía que pertence a unha escala determinada.

      Ex: O inspector que leva as investigacións non quixo facer ningunha declaración.