instalación

instalación

(

  1. s f

    Acción de instalar ou instalarse.

    Ex: A instalación do escenario levoulles toda a mañá.

  2. s f

    Conxunto de equipamentos propios dun servicio. OBS: Con este significado adoita empregarse en plural.

    Ex: O alcalde inaugurou as novas instalacións deportivas.

  3. s f [ARTE]

    Termo cuñado na década de 1970 para designar o enviroment, assemblage, ready made e happening, construído especificamente para un determinado espazo coa finalidade de que o espectador se involucre con el.

  4. s f [TECNOL]
    1. Colocación e montaxe dun conxunto de aparatos, de conducións ou accesorios, para un uso ou un servicio.

    2. Aparato, de condución, instalados.

Palabras veciñas

inspirar | inspiratorio -ria | instalable | instalación | instalador -ra | instalar | instancia