instinto
(< lat instinctu)
-
s
m
-
[ZOOL]
Conduta innata, reflexa e estereotipada que responde a un patrón xeneticamente establecido no animal grazas á experiencia filoxenética da súa especie. A conduta instintiva é activa, de xeito que o animal busca constantemente, levado por un ánimo debido ás condicións internas (estado fisiolóxico interno) e externas (ambiente). É moi importante na supervivencia das formas inferiores, que carecen de coidado parental, polo que responden correctamente en canto nacen. Nos animais máis avanzados con coidado parental, o comportamento pode ser modificado pola aprendizaxe. A conduta instintiva ten manifestacións moi diversas, e atinxe ao grao máis alto nos insectos sociais, e tamén nos peixes, nos anfibios, nos réptiles, nos paxaros e nos mamíferos. No ser humano, a conduta instintiva é pouco importante. Un exemplo de conduta instintiva nos animais é o celo (consecuencia dun estado fisiolóxico interno). Outras condutas instintivas son as migracións, a marcha dos sapoconchos acabados de nacer para o mar ou como tecen a tea as arañas.
-
[PSIC]
Facultade que teñen os seres vivos de actuar dunha maneira adecuada sen ter que recorrer á experiencia, á educación ou á reflexión.
-
[ZOOL]
-
s
m
Popularmente, facultade natural dalgúns individuos de sentir ou de adiviñar.
Ex: O seu instinto levouno ata o lugar do crime sen sabelo.
Sinónimos: intuición. -
[PSIC]
-
s
m
Impulso conxénito a reaccionar diante duns estímulos emotivos particulares.
-
instinto de morte
destrudo.
-
s
m
Refráns
- O fillo do lobo tira sempre ao monte.