Institut de France
Institut de France
Institución creada o 25 de outubro de 1795, que agrupa cinco academias: a Académie Française (fundada en 1635), a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (fundada en 1663), a Académie des Sciences (fundada en 1666), a Académie des Beaux-Arts (creada en 1816 pola unión da Académie de Peinture et de Sculpture, fundada en 1648, da Académie de Musique, fundada en 1669, e da Académie d’Architecture, fundada en 1671), e a Académie des Sciences Morales et Politiques (fundada en 1795, suprimida en 1803 e restablecida en 1832). Ten como misións perfeccionar as artes e as ciencias conforme ao principio da interdisciplinariedade, e xestionar o milleiro de legados, doazóns e fundacións dos que é depositaria.