instituto

instituto

(< lat institūtu)

  1. s m
    1. Organismo oficial que presta un servizo de interese público.

      Ex: O Instituto Nacional de Industria ten as competencias neste tema.

    2. Institución científica e cultural.

      Ex: O Instituto da Lingua Galega está en Santiago.

    3. Centro onde se realizan as funcións destes organismos ou institucións.

  2. s m [EDUC]

    Centro estatal de ensino secundario. En España apareceron, na segunda metade do s XIX, diversos centros promovidos por entidades privadas ou paraoficiais que, coa denominación de instituto, daban un tipo de ensino, en materias específicas, intermedio entre o ensino primario e o ensino superior. Este nivel de ensino, dado tamén como primeiro grao universitario, foi recollido na súa especificidade pola Lei de Ensino de 1845, en que se reservaba este nome para os novos centros estatais que haberían de ser os únicos con dereito a expedir o título oficial de ensino medio ou secundario. A aplicación da Lei Xeral de Educación (1970) puxo de manifesto a insuficiencia e promoveu a creación de filiais dependentes de cada centro. En 1959 creáranse os institutos laborais dedicados ao ensino secundario técnico.

  3. s m

    Regra dunha orde ou congregación relixiosa establecida no momento da súa fundación.

  4. s m

    Congregación relixiosa ou corpo militar instituídos por unha norma.

  5. s m

    Establecemento que presta determinados servicios.

    Ex: Abriron un novo instituto de beleza.