Instituto Nacional de Empleo
Organismo estatal encargado da intermediación laboral; é dicir, de poñer en contacto as empresas e os traballadores co obxecto de conseguir un contrato de traballo para o traballador e axudar as empresas a cubrir as súas necesidades de cadros de persoal. Fundouse en aplicación do Real Decreto Lei 36/1978, do 16 de novembro, froito dos acordos entre o goberno e a oposición parlamentaria coñecidos como Pactos de la Moncloa. O INEM ofrécelles aos desempregados con dificultades para acceder ao mercado laboral un conxunto de servicios dirixidos á mellora das súas condicións profesionais, tales como orientación, formación e acompañamento na busca de emprego. Ademais, o INEM é a entidade xestora de todo o sistema de protección por desemprego, que asegura ao traballador que cumpra os requisitos, uns ingresos substitutivos da renda salarial deixada de percibir, e unha protección económico-asistencial para determinados colectivos que se consideran especialmente necesitados da devandita protección.