Instituto Nacional de Previsión

Instituto Nacional de Previsión
Nome científico: [INP]

Entidade autónoma de dereito público encargada da xestión da seguridade social en España, creada en 1908 con carácter de voluntariedade. A partir de 1918 iniciou o proceso de regulación obrigatoria dos aseguramentos laborais. En 1963 foi reorganizado o réxime de seguridade social e outorgóuselle exclusividade de actuación ao INP, o que significaba o traspaso da xestión privada dos aseguramentos ás mutualidades laborais, creadas en 1941. Foi eliminado en 1978, ao crearse o Instituto Nacional de la Seguridad Social.