Instituto Teológico Compostelano
Instituto Teológico Compostelano
Nome científico:
[ITC]
Centro de estudios teolóxicos adscrito á facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca. Herdeiro da Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1897-1932), creouse por iniciativa do arcebispo A. Suquía; en 1978 obtivo a vinculación provisional á universidade salmantina coa facultade de impartir as clases do grao de bacharel en Teoloxía. En 1980 a Sagrada Congregación para a Educación Cristiana aprobou os seus estatutos, de xeito que en 1981 comezou a funcionar como Instituto Teológico Compostelano, baixo a supervisión dunha xunta integrada polos bispos de Galicia e presidida polo arcebispo de Santiago. En 1986 o arcebispo A. Rouco Varela inaugurou as instalacións do ITC no mosteiro de San Martiño Pinario.