instrumentación
(
-
s
f
[MÚS]
Arte de distribuír o material sonoro entre os diferentes instrumentos que a teñen que interpretar, de acordo coa capacidade de cada un para reproducir a idea musical do autor. L. H. Berlioz foi o autor do primeiro tratado moderno de instrumentación (1842-1843).
-
s
f
[TECNOL]
Rama da enxeñería que estudia a construción e utilización de instrumentos, ou sistemas de instrumentos, especialmente instrumentos de medida, para detectar, observar, medir, analizar, comprobar, calibrar, controlar e regular fenómenos físicos e para rexistrar, procesar e comunicar os datos correspondentes a estes fenómenos. A importancia da instrumentación dentro da ciencia e da tecnoloxía debe relacionarse coa importancia da medida no método científico. No s XIX moitos dos fenómenos e das magnitudes dos que se ocupaba a instrumentación eran descoñecidos ou mal entendidos. O tempo era medido de maneira rudimentaria con clepsidras e reloxos de area ata que as observacións de Galileo sobre o péndulo propuxeron o uso de sistemas resoantes nos que se contan ciclos. A óptica e a electrónica foron as ciencias que máis contribuíron á instrumentación. A óptica achegou o microscopio, o telescopio e o espectrómetro, que abriron novos camiños na astronomía e na bioloxía. A contribución da electrónica estivo fundamentada pola posibilidade de transformar as magnitudes físicas en sinais eléctricos que poden ser amplificados, filtrados, analizados e rexistrados. A combinación destas dúas ciencias achegou instrumentos como o radiotelescopio e o microscopio electrónico.
-
instrumentación aeronáutica
[AERON]
Conxunto de instrumentos dunha aeronave que indican, en cada momento, o estado e a evolución do aparato. Divídense en tres grupos: os instrumentos de voo, que inclúen os indicadores de altitude, de velocidade respecto ao aire, do número de Mach, de velocidade vertical, de velocidade angular, altímetro e ciclómetro; os instrumentos de navegación, que definen a posición da aeronave respecto á terra e inclúen o compás xiroscópico e magnético e os xiroláser e indicadores dos sistemas de radionavegación; e os instrumentos do grupo dos propulsores, que indican os valores dos parámetros básicos de funcionamento dos motores dunha maneira independente para cada un deles.