insuficiencia
(< lat insuffitientĭa)
-
s
f
Calidade de insuficiente. OBS: Normalmente úsase en plural.
Ex: As insuficiencias do centro provocaron novas denuncias.
-
s
f
Falta de suficiencia ou de intelixencia.
Ex: A insuficiencia dese autor quedou demostrada no seu último libro.
Sinónimos: incapacidade, incompetencia. -
[PAT]
-
s
f
Estado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.
-
insuficiencia aórtica
Perturbación cardíaca que consiste no refluxo sanguíneo da aorta ao ventrículo esquerdo cando as válvulas sigmoides aórticas durante a diástole ventricular non pechan completamente.
-
insuficiencia auricular
Estado de incapacidade funcional das aurículas do corazón en caso de fibrilación auricular.
-
insuficiencia cardíaca/miocardia
Diminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo. Pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS:Tamén se denomina miocardia.
-
insuficiencia circulatoria
Estado do organismo no cal é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos. Pode ter causa periférica (colapso, conmoción) ou central (insuficiencia cardíaca).
-
insuficiencia coronaria
Redución do fluxo sanguíneo das arterias coronarias que provoca isquemia no miocardio. Adoita estar provocada por arteriosclerose.
-
insuficiencia hepática
Incapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.
-
insuficiencia mitral
Insuficiencia que se produce no momento da sístole ventricular esquerda cando o sangue, en lugar de pasar totalmente á aorta, reflúe parcialmente para a aurícula esquerda polo orificio mitral, deficientemente pechado.
-
insuficiencia pulmonar
Afección rara producida pola oclusión incompleta dos sigmoides pulmonares na diástole ventricular.
-
insuficiencia renal
Estado en que os riles están imposibilitados, nun grao máis ou menos elevado, para cumpriren as súas funcións específicas.
-
insuficiencia respiratoria
Fallo da función pulmonar de maneira que non pode proporcionar un recambio normal dos gases.
-
insuficiencia suprarrenal
enfermidade de Addison.
-
insuficiencia tiroide
hipotiroidismo.
-
insuficiencia tricúspide
Afección case sempre funcional caracterizada pola falta de oclusión da válvula tricúspide no momento da sístole do ventrículo dereito.
-
insuficiencia venosa
Defecto do retorno circulatorio nos vasos venosos, principalmente nos membros inferiores, que producen estase e edema.
-
s
f
Refráns
- Para mancha grande non hai xabrón que abaste.
- Un carro non anda cunha roda soa.
- Un só pau non fai sebe.
- Unba besta non fai feira.
- Unha andoriña soa non fai verán.