Integridad, La
Integridad, La
[PUBLIC]
Periódico editado en Tui a partir do 15 de decembro de 1888, que cesou a súa edición en 1925. Dirixido por Xusto S. Fortes, Emilio Sías, Cesáreo García, Rego Arce e Eusebio Vence, a súa tendencia era católica. Saía todos os mércores e sábados. Despois dunha breve suspensión, volveu saír o 2 de xuño de 1890 co subtítulo de “Diario católico”. Ademais de artigos e traballos de carácter histórico, incluía unha sección literaria.