intensidade

intensidade

(

  1. s f

    Calidade de intenso.

    1. s f

      Magnitude dunha forza, dun fenómeno, da enerxía (calorífica, acústica, luminosa ou electromagnética), a miúdo por unidade de superficie, de volume ou de tempo.

    2. intensidade de campo eléctrico [E] / [TECNOL/FÍS]

      ector de magnitude, nun campo eléctrico, igual ao cociente entre a forza exercida sobre unha carga eléctrica e esta carga, e da mesma dirección e o mesmo sentido ca a forza. A unidade no SI é o volt/metro.

    3. intensidade de campo magnético [H] [FÍS]

      ector de magnitude, nun campo magnético, igual ao cociente entre a indución magnética e a permeabilidade, coa mesma dirección e o mesmo sentido ca a indución magnética. A unidade no SI é o ampere/metro. OBS: Modernamente hai autores que prefiren denominar así a indución magnética B.

    4. intensidade de corrente eléctrica [I] / [TECNOL/FÍS]

      Magnitude que expresa o valor dunha corrente eléctrica. É a cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. A unidade no SI é o ampere.

    5. intensidade enérxica/radiante

      Cociente entre o fluxo enérxico, emitido nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido.

    6. intensidade luminosa [I] [FÍS]

      Cociente entre o fluxo luminoso emitido por unha fonte luminosa, nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido. A unidade no SI é a candela.

    7. intensidade sonora/acústica [FÍS]

      Cantidade de enerxía sonora, presente nun punto determinado, referida á unidade de superficie e nunha dirección determinada. A unidade de medida é o W/m 2 ou o W/cm 2 , pero é corrente empregar o decibelio referido a unha intensidade de 10 -16 W/cm 2 .

  2. s f [LING]

    Factor acústico que depende, fisicamente, da amplitude da onda sonora e que algunhas linguas consideran un trazo fonoloxicamente distintivo. Así opóñense, por exemplo, as sílabas tónicas ás sílabas átonas, ambas as dúas asociadas, ou non, a outros fenómenos correlativos.

  3. s f [FILOS]

    Magnitude da calidade ou grao no que un suxeito participa dun modo de ser.