intensivo -va

intensivo -va

(< intenso)

  1. adx
    1. Que se caracteriza pola súa alta intensidade.

    2. Que se fai de forma intensa.

      Ex: Fixeron un curso intensivo de portugués.

    3. Aplícase aos coidados, con medicamentos e os medios técnicos adecuados, que se subministran a pacientes que se atopan en condicións extremas.

      Ex: Está na unidade de coidados intensivos.

  2. adx

    Que se desenvolve sen interrupción. OBS: Adoita aplicarse á xornada laboral que se realiza normalmente pola mañá e que acostuma ser un pouco máis reducida ca a xornada normal completa.

    Ex: No verán teñen xornada intensiva.

  3. adx

    Que ten como finalidade incrementar a produción con grande investimento de capital ou traballo.

  4. adx [LING]
    1. Aplícase ao elemento que enfatiza a significación dun termo,  por exemplo o prefixo hiper- en hipercrítica (fronte a crítica).

    2. Aplícase ao aspecto que presenta a acción verbal como máis intensa con respecto a outro verbo que se toma como punto de referencia, por exemplo escudriñar respecto a buscar.

Palabras veciñas

intensificador -ra | intensificar | intensión | intensivo -va | intenso -sa | intentar | intento