interacción

interacción

(

  1. s f

    Acción ou influencia mutua ou recíproca entre cousas ou persoas.

  2. s f [AERON]

    Influencia aerodinámica dun elemento dunha aeronave sobre os outros.

  3. s f [FÍS]

    Acción recíproca que exercen dous sistemas físicos. Este concepto substitúe o de forza, moito máis impreciso. A física contemporánea propón que a natureza, a pesar da gran diversidade de fenómenos que nela ocorren, pode ser explicada, esencialmente, en termos duns constituíntes fundamentais (as partículas fundamentais, clasificadas en hadróns e leptóns) e dunhas interaccións fundamentais entre aqueles, que se transmiten mediante o intercambio dunhas partículas mediadoras entre as partículas interaccionantes: estas partículas mediadoras son descritas polo campo de galga que resulta da invariancia de galga da dinámica das partículas interaccionantes. As interaccións fundamentais son a gravitación ou interacción gravitacional, a interacción electromagnética, a interacción feble e a interacción forte. A interacción gravitacional, que foi a primeira coñecida, maniféstase pola atracción das masas e ten un alcance infinito. A gravitación transmítese a través do cambio de gravitóns. A interacción electromagnética actúa entre partículas cargadas electricamente e é a responsable da estrutura do átomo. Dun alcance infinito, transmítese a través do intercambio de fotóns. A interacción feble actúa entre todo tipo de partículas, maniféstase no decaemento beta dos núcleos radioactivos e transmítese a través dos bosóns intermediarios, W + , W - e Z°. A interacción forte, a máis intensa de todas, actúa entre hadróns, é a responsable da cohesión do núcleo atómico e  transmítese a través do intercambio de gluóns. Intentouse a busca da unificación das interaccións fundamentais.

Palabras veciñas

intento | inter nos* | inter- | interacción | interaccionar | interactivo -va | interactuar