interese

interese

(< lat interesse ‘importar’)

  1. s m

    Sentimento que algo ou alguén esperta nunha persoa.

    Ex: Sempre mostrou interese pola ciencia. Escoitou con interese o que dicían na radio.

    Antónimos: desinterese.
  2. s m Antónimos: desinterese.
    1. Desexo de lograr algo ou a alguén.

      Ex: Ten moito interese en que o rapaz aprobe.

      Antónimos: desinterese.
    2. Proveito ou ganancia material.

      Ex: Todo o que fai é por interese.

      Sinónimos: beneficio, comenencia, proveito, beneficio, proveito. Antónimos: desinterese.
  3. s m

    Calidade ou capacidade de suscitar o interese de alguén.

    Ex: Esta serie de debuxos esperta o interese de todos os nenos. É un monumento de interese artístico.

  4. s m
    1. Conveniencia ou utilidade en que se realice unha acción.

      Ex: Tes que ir polo teu propio interese.

    2. [EDUC]

      Aquilo que importa nun momento determinado. O interese nace da necesidade e expresa a relación de conveniencia entre o organismo e o medio social que o envolve. Xa que todo comportamento está motivado por un interese, os educadores da escola activa organizan os temas de estudio ao redor dos centros de interese do neno.

  5. s m pl

    Propiedades ou diñeiro que ten alguén.

    Ex: Administra os intereses da familia.

  6. dativo de interese [LING]

    dativo.

  7. interese directo [DER]

    Requisito de lexitimación para demandar a anulación dun acto administrativo por medio dun recurso contencioso-administrativo.