interglaciar

interglaciar

(< inter- + glaciar)

adx e s [XEOL]

Aplícase a cada un dos tres períodos entre as catro glaciacións do Cuaternario. Durante os períodos interglaciares que se caracterizaron por un clima tépedo, produciuse unha elevación do nivel xeral dos mares, que provocou transgresións mariñas importantes e a fusións dos glaciares. O primeiro interglaciar (Günz-Mindel) iniciouse hai 850.000 anos e acabou hai 700.000, segundo uns, ou 550.000, segundo outros. No dominio alpino, sen embargo, o interglaciar máis importante é o comprendido entre a segunda e a terceira glaciación (Mindel-Riss), que se sitúa nun período de hai 200.000 a 400.000 anos; e o terceiro interglaciar (Riss-Würm, en que se inicia a formación do Homo sapiens sapiens) dentro dun período de hai 60.000 a 150.000 anos.